Reto fotográfico Semana 8 - Entroido
Crédito @[email protected]/EFE , Lalín 2020
Subscríbete a @[email protected] coa túa conta Mastodon, Pleroma, Lemmy, PixelFed, … NON precisas unha conta no foro.
Cadra este primeiro reto cunha das semanas máis intensas de celebracións en toda Galicia.
O tema proposto, O Entroido, da pé a múltiples puntos de vista e a estimular a imaxinación.
Para participar só tes que RESPONDER a esta mensaxe publicando a túa imaxe:
- durante os próximos 7 días
- máximo dúas publicacións
- imaxes tomadas por quen publica a foto DURANTE estos sete días (non ten sentido tirar de arquivo)
- engadir descrición á imaxe (Alt Text)
- engade información sobre a licenza (optativo)
Deste xeito tódalas imaxes serán compartidas e estarán agrupadas para poder comentar, valorar e preguntar ás autoras.
Esta é a primeira edición do reto semanal, polo que convídote a ler
para facer aportacións ás mesmas, á dinámica da participación, propoñer temas, etc.
Finalmente DALLE A COMPARTIR a esta mensaxe e anima a participar ás túas amizades e contactos independentemente do servidor/servizo no que teñan a súa conta. Anímate a compartir e comentar o traballo das outras persoas participantes.
Grazas.